XOVES 24 Nov. 2016

XOVES 24

Documental  Solopecios: memoria mergullada

Euskadi-Galicia. 28 minutos. Español
Dirección:
Hodei Zambrano
Dirección de fotografía:
Haizea Pastor
Guión:
Jabi Atutxa
Edición e realización:
Beittu Video, SL
Produción executiva:
Kresala Begira Urpeko Taldea

 Sinopse

O grupo de mergulladores integrado en Solopecios (José Manuel Silva, Juan Montero, Alexis Macía e Unai Artaloitia) levou a cabo durante anos a procura, localización e identificación de pecios afundidos a gran profundidade na costa galega e vasca. O seu extenso traballo resúmese neste documental que servirá de homenaxe póstuma a Alexis Macía, que finou o 23 de abril mergullando no pecio Mar de Marín, afundido a 52 m de profundidade na boca da ría de Vigo.

XOVES 24

Documental   La Palma, illa azul

Canarias. 12 minutos. Español
Produción executiva:
Alfonso Montes de Oca
Dirección:
Rafa Herrero Massieu
Fotografía, guión e edición:
Rafa Herrero Massieu
Música orixinal:
Odin Gil
Voz en off:
Gregorio Taví

 Sinopse

As illas Canarias son na súa esencia mar, un océano que atesoura baixo a súa superficie un patrimonio natural practicamente descoñecido ata os nosos días; flotar ingrávidos polas súas augas, descender polas súas caprichosas formacións de rocha volcánica, descubrindo a diversidade e o tornasol da súa fauna e flora, representa por si mesmo unha experiencia do todo transformadora para os/as visitantes. Unha viaxe á nosa conciencia primixenia que nos proporcionará a comprensión da fraxilidade, pero tamén da transcendencia, que o medio mariño ten para as nosas illas, e en especial para La Palma, axudándonos a espertar no noso ser unha nova e verdadeira visión holística da realidade que desterre dunha vez o antigo paradigma de «humanos fronte ao medio ambiente».

A illa de La Palma, unha «illa azul» con verdadeira identidade atlántica.

XOVES 24

Documental   Espello líquido

Dirección: Rafa Herrero Massieu
Fotografía:
Rafa Herrero
Guión:
Guillermo Delgado e Rafa Herrero
Música:
Christian Johansen
Unha produción de Aquawork, SL, 2016

espejo-liquido
Espello líquido

 Sinopse

Os océanos cobren a maior parte do único recuncho que alberga toda a vida coñecida ata os afastados confíns do universo. Un manto empuxado por forzas invisibles que non cesou de transformar a cortiza terrestre. Por momentos, un espello sosegado moldeado por ventos e correntes, que se alimenta coa enerxía do Sol. Onde moitas das criaturas mellor adaptadas a este oasis de sal descenden de afastados devanceiros que viviron en terra firme.

A luz é a inmensa factoría que move a vida de todo o planeta. Os ciclos da enerxía pasan duns organismos a outros, e en cada salto comprímese adoptando formas diferentes. Espello líquido dános unha visión diferente do mar a través de pequenas historias duns seres únicos que souberon adaptarse a un mundo hostil, onde a vida e a morte se mesturan cada día. Unha combinación poética de imaxes, música e literatura para gozar do maior ecosistema do planeta azul.