XOVES 10 Nov. 20:00h
»› Documental
EXPEDITION DEEP OCEAN / OCÉANO ÍNDICO
Atlantic Productions / Warner Bros. Discovery
EUA: 42 min. Español
Dirección: David Lee Imaxe: Paul Willliams
Música: Graham Hadfield Investigador: Stefan Hunt Produtor: Andrew Lessner
Sinopse
Como parte da expedición «The Five Deeps» coa que se pretende visitar o punto máis profundo de cada océano, o explorador estadounidense Víctor Vescovo e o seu equipo diríxense ao océano Índico, onde se atopa a fosa de Java.
O batiscafo que levará a Víctor ao momento máis profundo de dito océano, foi construído cunha forte participación da industria española, liderada por Héctor Salvador.
XOVES 10 Nov. 20:50h
»› Conferencia
DESCENSO Á FOSA DAS MARIANAS
España: 30 min. Español
Conferenciante: Héctor Salvador
Sinopse
Exploración tripulada dos últimos confíns do noso planeta. Nunca antes un español (galego) baixara ao abismo da Serea, que cunha profundidade máxima de 10 730 metros é o segundo punto máis profundo da fosa das Marianas e o terceiro do mundo.
A inmersión permitiu tomar mostras da esteira microbiana presente nos sedimentos da fosa, que é de grande interese para a comunidade científica. Unha conferencia de Héctor Salvador sobre a historia do proxecto e a súa experiencia como primeiro español en baixar á fosa das Marianas.
»› Convidado:
Héctor Salvador
BIOGRAFÍA
Héctor Salvador (Lugo, 1983) estudou Enxeñaría Aeroespacial e comezou a súa carreira profesional na Axencia Espacial Europea. Pero cando aprendeu a mergullarse, namorou dos océanos e decidiu darlle un xiro radical á súa carreira para converterse en piloto de somerxibles e acumular máis de 2000 inmersións en todos os océanos do noso planeta.
Héctor Salvador é o director de Tritón Submarines EMEA, a filial europea do fabricante estadounidense de somerxibles de investigación, e en abril de 2021 converteuse no primeiro español en descender á fosa das Marianas nun dos vehículos que el mesmo axudou a deseñar e a construír.
Héctor é académico correspondente da Real Academia do Mar, consultor marítimo da Real Liga Naval Española, membro numerario da Real Sociedade Xeográfica e membro do prestixioso Explorers Club de Nova York.