VENRES 25 Nov. 2016

VENRES 25

Documental   A SERPE MARIÑA XIGANTE

Francia. 52 minutos. Español
Produción, guión e dirección: Bertrand Loyer
Imaxe submarina: Jean-Charles Granjon, Benoit Demarle e Roberto Rinaldi
Música: Jacky Hanouna
National Geographic Channels/Arte France

ngc_horz_cmyk

Sinopse

Boias científicas mergulladas no abismo da costa da Riviera francesa para medir a cor da auga, e así controlar a frecuencia do plancto, permítennos facer por primeira vez un estudo científico detallado dos máis grandes peixes óseos do mundo. O peixe remo xigante, máis coñecido como o rei dos arenques, pode alcanzar os 6 m de lonxitude. A criatura detrás do mito da serpe de mar.

VENRES 25

Documental   O REINO DOS NAUTILUS

Francia. 30 min. Subtitulado
Imaxe submarina: Roberto Rinaldi
Música: Marc Anciaux
Un documental de Gil Kébaïli para Océanopolis

Sinopse

Unha expedición de Laurent Ballesta en mergullo profundo, levada a cabo na illa de Lifou (Nova Caledonia). A procura do nautilus, e o redescubrimento dos habitantes nos profundos arrecifes de coral, é posible hoxe en día grazas á nova tecnoloxía dos recicladores (rebreathers), que nos permiten inmersións como as deste documental onde chegan a alcanzar a profundidade de -150 /-200 metros.

Obtivo o Premio Alain Esteve á mellor realización técnica para un documental de aventura e descubrimento.