MÉRCORES 23 Nov. 2016

MÉRCORES 23

Documental   TIBURÓNS (Capítulo 1)

Gran Bretaña. 50 minutos. Español
Dirección e produción: Steve Grenwood
Imaxe submarina: Hugh Miller, Morné Hardenberg, Adam Ravetch, Didier Noirot, Mark Macewen, Michael Pitts e outros
Edición de son: Kate Hopkinds
BBC/Discovery Channel

Sinopse

Espectacular documental que mostra a enorme diversidade de tiburóns que poboan os nosos mares e océanos. Filmouse en lugares de todo o mundo –dende as augas que se ocultan baixo o xeo polar, ata os mangleirais, as zonas de naufraxios e os arrecifes de coral–. Ofrece imaxes das case trinta especies de elasmobranquios (tiburóns e raias). Desde algúns exemplares que nunca antes foran filmados, como os tiburóns da familia dos orectolóbidos que habitan no Pacífico occidental, ou o tiburón de Groenlandia, ata especies máis coñecidas como o tiburón branco ou o tiburón martelo. Hai ata un que camiña sobre a terra!

 

MÉRCORES 23

Documental O CHOCO: BAIXO AS ONDAS DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

Galicia. 18 minutos. Galego
Dirección:
Manuel E. Garci e Jorge H. Urcera
Produción: Inxenia Audiovisual
Patrocinado polo Grupo de Acción Costeira zona 7 e o Concello de Redondela

Sinopse

Galicia ten unha débeda pendente co mar, un mar que ao longo dos séculos lle entregou a súa riqueza natural. Un agasallo dun valor incalculable para a súa economía, gastronomía e cultura.

Gozar das rías galegas obriga ao compromiso de conservación para esta e futuras xeracións. Con este documental preténdese poñer un gran de area como pagamento desta débeda, é só un primeiro paso, realizando un esforzo pola divulgación e o coñecemento do valor natural das rías galegas.

Un documental para sorprendernos co comportamento e as estratexias que utilizan as nosas especies para reproducirse, para defender a súa descendencia ou para depredar.