MÉRCORES 17 Nov 20:00h
»› Documental
PRISTINE SEAS: PROTEGIENDO LOS MARES
EUA: 42 min. Español
Produción executiva: Enric Sala Guión: Scott Ressler Imaxe: Neil Gelinas, Jon Betz, Steve Spence, Manu San Felix… Música:Soundminer. Audio Networks ltd. First com Music. The Wolfe Music National Geographic
Sinopse
Acompañamos a Enric Sala, explorador de National Geographic, no seu proxecto Pristine Seas mentres viaxa polo mundo coa misión de salvar os nosos océanos.
MÉRCORES 17 Nov 20:45 h
»› Documental
SECRETOS DEL OCÉANO
Cantabria: 28 minutos. Español
Dirección: Enrique Talledo Edición: Candi Vicente
Guión e Imaxe: Enrique Talledo Música:Fluidscape (Kevin MacLeod) Parkside (Dan Lebowitz) A Fallen Cowboy (Sir Cubworth) Happy Haunts (Aaron Kenny)
Sinopse
Documental que inclúe imaxes captadas en augas dos cinco continentes. Algunhas filmáronse con ROV a centos de metros de profundidade. Pódense ver comportamentos documentados por primeira vez e escenas inéditas desde augas tropicais ata as máis frías do océano. O obxectivo é concienciar sobre a necesidade de protexer os mares do planeta.
Foi galardoado co primeiro premio de divulgación científica nos premios Ciencia en Acción 2020. Recibiu a Barandilla de Plata ao mellor documental no Ciclo Internacional de Cine Submarino (Cimasub).
»› Convidado:
Enrique Talledo
BIOGRAFÍA
Documentalista, cámara e fotógrafo submarino. Documentou os fondos mariños en máis de 30 países. Participou en 27 expedicións oceanográficas. Foi dúas veces campión de España de caza fotográfica a pulmón e subcampión do mundo por países. É autor do libro Cantabria bajo el mar e de numerosas publicacións en National Geographic, The Guardian, Lonely Planet…