MÉRCORES 09 Nov. 20:00h
»› Documental
RUMBO AO PASADO
WE ARE WATER FILMS
España: 51 min. Español
Dirección: Daniel Aldaya Guión: Daniel Aldaya e Laura Madrueño Imaxe submarina: Daniel Aldaya/Gorka Leclercq Música: Óscar Sanz Produción: We Are Water Films
Sinopse
A sobreexplotación pesqueira en todo o mundo ten decimado as poboacións de quenllas de forma dramática nos últimos cincuenta anos. A progresiva perda dun superdepredador como a quenlla en todos os mares supón unha arrepiante ameaza porque elas son as encargadas de manter en orde os ecosistemas mariños.
As nosas costas están moi ameazadas, entre outros motivos, pola falta de protección que teñen os escualos e queremos saír na busca dalgún mar no que aínda sexa posible atopar poboacións sas de quenllas e comprobar como inflúe isto no estado xeral da contorna no que reinan. Viaxamos a Sudán, ao encontro coa esquiva quenlla martelo; unha das quenllas máis ameazadas en todo o mundo polo exceso de pesca. Viaxar a Sudán é viaxar varias décadas ao pasado.
MÉRCORES 09 Nov. 20:55h
»› Documental
HISTORIA DUN PECIO
WE ARE WATER FILMS
España: 13 min. Español
Dirección: Daniel Aldaya Guión: Daniel Aldaya e Laura Madrueño Imaxe: Álvaro Puerto/Laura Piñeiro Imaxe submarina: Daniel Aldaya/Gorka Leclercq Produción: We Are Water Films
Sinopse
O Umbría é, sen dúbida, o soño de calquera amante do mergullo e dos naufraxios. As súas dimensións, a súa accesibilidade, o valor histórico da súa carga, o seu magnífico estado de conservación e a explosión de vida que nace das súas entrañas convérteno nun dos mellores pecios do mundo.
Mentres percorremos ata a última das súas adegas iremos descubrindo a peculiar historia que se agocha detrás do seu afundimento.
»› Convidado:
Daniel Aldaya

BIOGRAFÍA
Daniel Aldaya (Granada, 1972). Licenciado en Ciencias da Información, na rama de Imaxe e Son pola Universidad Complutense de Madrid.
Daniel Aldaya é un experimentado posprodutor e grafista con máis de vinte anos de experiencia en Mediaset. Traballou como formador e como realizador freelance en numerosos vídeos corporativos, documentais e anuncios televisivos. Ten ampla experiencia en formación en academias e en empresas, e noutros aspectos da contorna audiovisual como cámara e guionista. No seu tempo libre, escribiu e dirixiu varias curtametraxes. Actualmente compaxina a súa profesión coa súa maior afección, a imaxe submarina, gravando e dirixindo reportaxes e documentais submarinos.
Pertence ao equipo de We Are Water Films: un grupo de profesionais da imaxe, apaixonados polo mar, o submarinismo e a vida salvaxe. Desde hai varios anos canalizan as súas inquietudes a través da realización de traballos documentais nos que tratan de achegarlle as marabillas do mundo mariño ao público xeral, convencidos de que coñecer, amar e respectar van sempre da man.