MARTES 08 Nov. 20:00h
»› Documental
MAR LIMPO, MAR VIVO
BIOIMAXE
Galicia: 13 min. Español / Subtítulos: Galego
Bioimaxe / Confraría de Pescadores de Vigo
Sinopse
«Recollida de residuos mariños na zona da Confraría de Pescadores de Vigo», enmárcase dentro do Plan Mar Limpo da Consellería do Mar que comezou en 2020. Ten como principal obxectivo a protección e a recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sostibles mediante a recolección de lixo mariño coa participación da industria pesqueira.
O proxecto desenvolveuse a través de actuacións de pesca activa de refugallo de embarcacións con mergulladores e con mariscadores en diferentes bancos marisqueiros e caladoiros da ribeira sur da ría de Vigo, concretamente as zonas da Manquiña, A Guía, Ríos e Bouzas.
Coa realización deste proxecto, conseguiuse reducir a cantidade de residuos mariños nos lugares de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto suporá a eliminación de fontes de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que repercutirá directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.
MARTES 08 Nov. 20:15 h
»› Documental
ONE BREATH AROUND THE WORLD
LES FILMS ENGLOUTIS
Francia: 13 minutos.
Dirección e guión: Guillaume Néry Produción: Les Films Engloutis
Imaxe submarina: Julie Gautier Música orixinal: Guillaume Ferran
Sinopse
Imaxina poder mergullarte libremente no océano, sen medo á vida alí abaixo, ou sen necesidade de osíxeno, non sería incrible?
É a paixón dun apneísta gañador en dúas ocasións do título de campión do mundo, convertida a través dun enfoque artístico.
En 2015 sufriu un grave accidente mentres realizaba a inmersión máis profunda da historia cunha profundidade de -139 m, tras un erro de medición da organización.
Para Guillaume Néry non hai nada máis gratificante que estar en contacto absoluto coa natureza; algo que consegue a través da apnea. Combinando disciplina, estética, rendemento e ganas de explorar, Guillaume practica a súa disciplina como unha auténtica arte.
MARTES 08 Nov. 20:30 h
»› Documental
DURIENSES: OS ENDEMISMOS DO DOURO
BICHO PRODUCCIONES
España: 54 minutos.
Dirección e guión, imaxe submarina e drone: Carlos Rodríguez Produción: Bicho Producciones
Supervisor científico: Gustavo González Supervisor xeolóxico: Esperanza Martínez Editor de Son: Jorge García
Sinopse
De a cabalo entre dúas rexións bioxeográficas, o río Douro vertebra unha enorme diversidade de paisaxes froito do encontro da Europa do norte coa rexión mediterránea. Pero máis aló desta fusión de paisaxes os últimos descubrimentos científicos supuxeron unha achega sorprendente á biodiversidade dentro das súas augas: dúas de cada tres especies de peixes do Douro son únicas no mundo e non se dan en ningunha outra parte do planeta.
Tres anos de observación e de inmersións pola conca do Douro para descubrir que fai deste lugar un dos laboratorios evolutivos máis singulares do mundo. Migracións en masa como estratexia reprodutiva, adaptacións a novas formas de alimentación, espectaculares rituais de apareamento. Unha intricada rede de relacións interespecíficas recollidas en centos de horas de gravación concibidas como ferramenta de estudo científico.
Un esforzo de filmación sen precedentes para unha gran produción documental centrada nun dos grupos biolóxicos máis sorprendentes da fauna mundial.
Durienses: os endemismos do Douro.

»› Convidado:
Carlos Rodríguez
BIOGRAFÍA
Carlos Rodríguez (León, 1971). Mestrado en bioloxía pola Facultade de Bioloxía da Universidad de León (2000). Mestrado en economía pola Facultade Ciencias Económicas e Empresariais da Universidad de León (2001). Doutoramento en Bioloxía Acuática (2007).
Funda o produtora Bicho no ano 2005, co obxectivo de mostrar a natureza como ferramenta divulgativa.
Produciu ou participou en innumerables documentais de natureza desde 2006 ata hoxe en día.
Nestes anos, tres proxectos LIFE confiaron na súa produtora para achegarlle os seus estudos á sociedade. Co mesmo propósito, Bicho presentou os resultados de proxectos científicos e novas técnicas de xestión ambiental que supuxeron avances fundamentais para conservar o medio natural.
A súa formación como biólogo convenceuno da necesidade de amosar cunha cámara os aspectos máis recónditos da natureza. A súa particular relación co mundo da pesca levouno a realizar documentais con esa temática, pero é nos estudos subacuáticos sobre o comportamento das nosas especies acuáticas onde se recoñece o seu interese polos documentais con contido científico.
O seu estudo sitúase en plena montaña de León, na localidade de Sopeña de Curueño.