
A Universidade de Vigo coordina e organiza a Semana de Cine Submarino de Vigo, na actualidade un acontecemento cultural de primeiro nivel na cidade de Vigo, e referencia obrigada para os amantes do mar e do cine.
Dende a universidade apostamos desde sempre polo estudo e a preservación deste tesouro que ano tras ano sae á luz grazas a este evento. O coñecemento dese contorno e a experiencia da súa beleza han de afoutar a nosa relación con este medio natural para preservalo e coidalo, transmitíndollelo así ás novas xeracións que cos seus colexios asistirán ás actividades que temos programadas para eles.
Vigo e a súa comarca en particular, e Galiza en xeral, non se entenden sen o mar. Tampouco se entendería que a Universidade de Vigo non contribuíse ao seu estudo e preservación.
O compromiso da nosa universidade co mar é firme e decidido: o campus de excelencia internacional Campus do Mar, a docencia e a investigación nas facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar, a Ecimat e a organización da Semana de Cine Submarino son boa proba disto.
