XOVES 18 Nov 20:00h
»› Documental
PECES INCREÍBLES
EUA: 34 min. Español
Guión e dirección: Mea Trenor Imaxe: Greg Nelson, Russell Bergh, Graeme Duane… Música: Dave Birch National Geographic
Sinopse
Estes peixes monstruosos rompen todos os moldes. Son peixes, pero non son normais. Presentamos os bichos raros do océano. Algúns, como o tubícula chusco (Neoclinus blanchardi), están totalmente desproporcionados. Outros, como o peixe ra, perderon case toda a capacidade de nadar. A anguía lobo ten unhas mandíbulas e uns dentes terribles, e seguramente non hai ningún outro peixe con esa cara de malo.
XOVES 18 Nov 20:35h
»› Documental
MAR DA MINHA TERRA
Portugal: 46 min. Portugués
Dirección: Luís Quinta Produción: Luís Quinta, Cámara Muinicipal de Almada
Imaxe: Luís Quinta Guión: Luís Quinta, Cámara Muinicipal de Almada
Montaxe: Ricardo Guerreiro e Luís Quinta Música: Audio Network
⇒ MAR DA MINHA TERRA (TRAILER)
Sinopse
Entre a Costa da Caparica (na desembocadura do río Texo) e o cabo Espichel hai un litoral duns trinta quilómetros. Todos os anos, á abundante fauna local xúntanse moitos viaxeiros oceánicos, uns e outros envoltos na loita pola supervivencia que se libra a diario entre depredadores e presas. Neste territorio, xigantes mariños como grandes baleas conviven con seres diminutos de micromundos do plancto.
A dúas millas da costa hai un gran val submarino coñecido como o canón de Lisboa. Estes abismos, fronte ao cabo Espichel, alcanzan os 700 metros de profundidade. Por primeira vez filmáronse algúns dos animais máis extraordinarios e esquivos destes lugares, visitantes ocasionais ou veciños, nunca antes documentados nesta rexión.
Que atrae tanta megafauna ata aquí? Que os motiva a quedar? Por que son tan ricas estas augas ás portas de Lisboa? A fronte atlántica de Almada é moito máis ca as coñecidas praias que atraen miles e miles de visitantes. É un balcón con vistas a un vasto mar, cheo de misterios e de segredos, agora desvelado por primeira vez.
⇒ Luís Quinta – Mar da Minha Terra (Entrevista Nautica Press)
»› Convidado:
Luís Quinta
BIOGRAFÍA
Luís Quinta é un fotógrafo e cineasta de historia natural, gañador de múltiples premios é colaborador habitual da revista National Geographic. Publicou máis de mil artigos e informes na prensa portuguesa e artigos e imaxes na prensa internacional. Tamén é autor de varios libros e colaborador en moitos outros, e ten imaxes en innumerables libros ao redor do mundo. Ademais, é formador en fotografía de natureza e cinematografía en contornas terrestres e subacuáticas.
Formou parte do Dream Team do maior proxecto fotográfico sobre a natureza en Europa «Wild Wonders of Europe» financiado por National Geographic. En novembro de 2004 o Goberno portugués honrouno polo seu labor na área da fotografía subacuática e designárono un dos «Novos heroes do mar». Ademais, posúe varios premios en concursos de fotografía de natureza en Portugal e en todo o mundo.
Moitas das imaxes e das películas de Luis Quinta utilizáronse en universidades e en museos para diversas publicacións científicas e para apoio pedagóxico. Ao longo dos seus trinta anos de carreira realizou numerosas exposicións individuais de fotografía e colaborou en moitas outras en Portugal e en todo o mundo. Desde 2011 dedícase a realizar e a producir documentais de historia natural. Nesta década, realizou seis documentais para a televisión sobre diferentes rexións de Portugal.
Varias das súas películas proxectáronse en canles de televisión de todo o mundo a través da prestixiosa distribuidora internacional Off the Fence. Algunhas das súas filmacións foron utilizadas por canles de televisión como National Geographic Channel, Discovery Channel, ARTE TV France, SIC, RTP, entre outros.
É coautor e autor das seguintes películas de historia natural para a televisión:
- Arrábida de la montaña al mar (2013), 50 min
- Almada entre el río y el mar (2014), 50 min
- Reinado maravilloso-En las tierras de Alvão y Marão (2016), 50 min
- Mar de mi tierra-Almada atlántica (2020), 46 min
- Costa de cigüeñas, retratos del SO (2021), 50 min